No Pazo de Almuiña, centro de enoturismo de Adegas Galegas, poderás descubrir a esencia dos nosos viños nun encantador entorno rodeado de viñedos.
Os viñedos máis representativos son :
• Bouza. Meder. Condado
• Leirado. Condado
• Goián. Rosal
• Viñedos de Almuiña
Situada en Meder (Pontevedra) e pertencente á Denominación de Orixe Rías Baixas, Adegas Galegas caracterízase dende os seus inicios polo respecto pola tradición enolóxica e a calidade dos seus viños.