Os nosos viñedos

Os viñedos máis representativos de AG son:

A BOUZA. MEDER. CONDADO

Encóntrase situado xunto á adega e conta con 2,5 tes de albariño, cuxas cepas teñen unha idade media de 20 anos.

O sistema de condución xunto co microclima da zona, provocan unhas características aromáticas típicas do Condado, destacando a floralidade e a intensidade.

LEIRADO. CONDADO

Conta con 6 has. de albariño. É un terreo cun gran salto térmico debido ás néboas da mañá, e resultou unha uva dun gran frescor, óptimo para a elaboración de viños novos ou mesmo de maceración carbónica.

GOIÁN. ROSAL

Trátase dun dos terreos máis representativos de Adegas Galegas. Situada no Rosal son 22 has. de viñedo.

O sistema de condución é un emparrado reconvertido en semiparral de 2 metros ou parral en cruceta, asegurando así a maduracuón da uva e as características propias do Rosal: tropicalidade e floralidade.

Neste terreo cultivamos tanto Albariño coma Caíño Blanco, Treixadura e Loureira, que achegarán complexidade aos viños da adega.

VIÑEDOS DE ALMUIÑA

O Pazo de Almuiña conta con 6 has. de viñedo intramuros, plantados aproveitando a inclinación do terreo e xerando bancais que polas súas características impiden as paradas vexetativas e favorecen unha maduración óptima e homoxénea.

A dimensión da plantación é aproximadamente de 6has e nela está plantada principalmente Albariño, pero tamén hai 3000 m² de treixadura.

Posúe ademais extras muros de 14 has. máis de viñedo nos terreos de Liñares e Luneda.

Telf.: +34 986 65 71 43 - comercial@adegasgalegas.es

VIÑAS E ADEGAS GALEGAS SL

Lugar de Meder, s/n.

Salvaterra de Miño, PONTEVEDRA.

CIF: B-94055068

comercial@adegasgalegas.es

Inscrita en el Registro Mercantil de Pontevedra.

Datos registrales: T 3767, L 3767, F 125, S 8, H PO 52542.