Veigadares (Veiga de Ares) inicia a súa historia alá polo ano 1995. Eran moitas as expectativas en torno a un albariño que se iniciaba na fermentación en barrica de carballo e moito o esforzo dos enólogos para competir nun escenario onde a mellor variedade de brancos non contaba co beneplácito do envellecemento en botella. E converteuse nun fenómeno. Con Veigadares transcendeu a cultura do viño, o viño entendido como unha cultura onde a terra e a arte do cultivo adquirían carta de natureza. Hoxe outro Veigadars nace. Quere retomar o seu espírito clásico e toma elementos de entón. Quere transmitir o concepto de humanidade e proximidade artesá, manual. Falar do pasado; pero soñando co futuro.

Para a elaboración de Veigadares empréganse as uvas seleccionadas dos viñedos do Pazo de Almuiña, da Bouza e de Goián. O Pazo, protagonista destes viñedos, forma parte do Patrimonio Galego e levántase no antigo Camiño Real que unía o sur de Galicia coa Península. Xa dende os seus inicios se dedicou a actividades agrícolas e así despréndese da propia palabra Almuiña, que procede da etimoloxía árabe e significa verxel. Mesmo, a derivación celta de "muin" que significa vide, vincúlao directamente ao cultivo da uva.

NOTA DE CATA

FASE VISUAL

Amarelo palla dourado, brillante.

FASE OLFATIVA

Limpo e potente, elegante, complexo. Aromas froiteiros (piña, maracuxá, néspera, mazá e lima), herbas aromáticas (loureiro), mentolados e finos tostados pola súa estanza en barrica.

FASE GUSTATIVA

En boca é saboroso, aromático, untuoso, fresco e con moi bo equilibrio entre as sensacións froiteiras e os da barrica. Notas de froita fresca (peraypiña), romeiro, afumados, lácteos, herbáceos frescos. Longa e aromática vía retronasal.

FICHA TÉCNICA

D.O.: Rias Baixas
Variedad: 85% Albariño, 15% Treixadura, Loureira e Caiño
Fermentación: comeza en depósitos de aceiro inoxidable para rematar en barricas de carballo francés e americano de 225 l. Os diferentes varietais fermentan por separado
Crianza: aproximadamente 6 meses en barricas de carballo francés e americano, con batonage de 2 veces por semana
Gastronomía: Mariscos, peixe branco en salsas cremosas, peixe azul ao forno, embutidos afumados, carne branca e aves asadas
Temperatura de Servizo: 10-12º

Telf.: +34 986 65 71 43 - comercial@adegasgalegas.es

VIÑAS E ADEGAS GALEGAS SL

Lugar de Meder, s/n.

Salvaterra de Miño, PONTEVEDRA.

CIF: B-94055068

comercial@adegasgalegas.es

Inscrita en el Registro Mercantil de Pontevedra.

Datos registrales: T 3767, L 3767, F 125, S 8, H PO 52542.