Pedro Madruga: nobre guerreiro galego, cabaleiro feudal na Galicia de finais do século XV -e cuxas vitorias se atribúen en boa medida ao seu hábito madrugador- protagoniza quizais a máis épica crónica xamais narrada, nun escenario histórico apaixonante. O noso viño, singular, réndelle tributo a un personaxe por sempre vinculado á exaltación da nosa cultura.

NOTA DE CATA

FASE VISUAL

De cor amarela pallosa con reflexos limón, é limpo, brillante e cunha lixeira burbulla que mostra a súa xuventude.

FASE OLFATIVA

Limpo e intenso, aromas de froita madura (piña, maracuxá, melón e pera de auga), cítricos (pomelo), florais e lixeiros herbáceos frescos.

FASE GUSTATIVA

En boca é amplo e aromático, untuoso, con carga froiteira, fresco e equilibrado, longa persistencia froiteira. Limpa vía retronasal onde aparecen notas amargas agradables.

FICHA TÉCNICA

D.O.: Rías Baixas
Tipo de viño: Branco
Variedade: 100% albariño
Rendemento: 58 hl/Ha
Fermentación: Depósitos de aceiro inoxidable con control de temperatura
Crianza: Non ten
Gastronomía: Mariscos, pescados, carnes brancas, arroces, queixos frescos
Temperatura: 12ºC

ANÁLISE

Graduación alcohólica: 12.94 %vol
Acidez total: 6.4 g/l ac. Tartárico
Acidez volátil: 0.34 g/l ac. Acético
Azucre residual: 4,1 g/l

Telf.: +34 986 65 71 43 - comercial@adegasgalegas.es

VIÑAS E ADEGAS GALEGAS SL

Lugar de Meder, s/n.

Salvaterra de Miño, PONTEVEDRA.

CIF: B-94055068

comercial@adegasgalegas.es

Inscrita en el Registro Mercantil de Pontevedra.

Datos registrales: T 3767, L 3767, F 125, S 8, H PO 52542.