D.O. Rías Baixas
Fundada en 1980 a D.O. Rías Baixas consta actualmente de 5 subzonas: O Val do Salnés, Condado do Tea, Soutomaior, Ribeira do Ulla e O Rosal. É nas subzonas de Condado do Tea e O Rosal onde Adegas Galegas sitúa os seus principais viñedos No Condado do Tea, destaca o cultivo de vide na montaña onde os viñedos se estenden na marxe dereita do Río Miño. Situada ao sur de Pontevedra e delimitada por zonas de montañas que actúan como límites naturais, as condicións meteorolóxicas que aquí se dan son propicias para o cultivo de viñedos. O Rosal, flanqueado polo río Miño e o Océano Atlántico caracterízase polo cultivo de viñedos en terrazas fluviais e por un interior con fértiles e verdes paisaxes.

O CLIMA

O clima da D.O. Rías Baixas é de influencia atlántica, con suaves temperaturas durante todas as estacións, chuvias abundantes que diminúen na época estival, e con suficientes horas de sol. A temperatura media durante o inverno rolda os 10ºC e apenas existe unha pequena diferenza entre o día e a noite. Pola súa banda, as precipitacións están en torno aos 1200 ml. de media ao ano.

O CHAN

Os chans da D.O. Rías Baixas son moi homoxéneos, xa que o 99% son de orixe granítica e de carácter franco-arento con PH moi baixos (entre 4 e 6) e, en xeral, con pouca profundidade. Todas estas características fan que sexan chans que reúnen unhas condicións moi boas para o cultivo e drenan perfectamente o sobrante de pluviosidade.

VARIEDADES

A uva albariño é a uva protagonista da D.O. Rías Baixas e unha das máis importantes e coñecidas de Galicia. Con acios e froitos de pequeno tamaño, estes realizan unha maduración temperá. Trátase dunha uva con alto nivel de azucre e acidez que lle confire unha gran frescura aos viños. Cultivada tradicionalmente en emparrado, é un dos símbolos de Galicia por excelencia.

Non obstante, a D.O. conta tamén con outras variedades, tanto brancas como tintas. Entre as brancas, cabe destacar a variedade treixadura, caíño branco e loureira. Estes varietais tamén son empregados na elaboración dos viños de Adegas Galegas.

O caíño branco dá aos nosos viños estrutura, mentres que a loureira lles achega intensidade e aromas florais. A treixadura pola súa banda, axusta a acidez do viño á baixo.

Telf.: +34 986 65 71 43 - comercial@adegasgalegas.es

VIÑAS E ADEGAS GALEGAS SL

Lugar de Meder, s/n.

Salvaterra de Miño, PONTEVEDRA.

CIF: B-94055068

comercial@adegasgalegas.es

Inscrita en el Registro Mercantil de Pontevedra.

Datos registrales: T 3767, L 3767, F 125, S 8, H PO 52542.