Pazo de Almuiña

PAZO DE ALMUIÑA

O Pazo de Almuiña (1665) atópase en Arbo, a pé do camiño Real que unía o sur de Galicia co interior da península. A poucos pasos do Pazo poderás atopar restos da calzada romana e no seu patio, o único hórreo de interior que existe no mundo. A singularidade da súa ubicación débese ao particular uso que del se facía. Dentro nunca se almacenaban cereais, senón lampreas.

O seu nome, “Al-münya”, de orixe árabe, significa verxel, falándonos así dun pasado ligado á agricultura. A súa derivación celta, “muin” (vide), da conta da presencia do viño no pazo dende a súa propia construción. A súa esencia, polo tanto, mantense, así coma o seu pasado noble e señorial que perdura na actualidade esperando para acoller ao visitante.

Patrimonio Galego, rodeado de viñedos, praias fluviais, vestixios romanos e templarios… O Pazo de Almuiña é un entorno inmellorable para disfrutar dos viños de Adegas Galegas.

Telf.: +34 986 65 71 43 - comercial@adegasgalegas.es

VIÑAS E ADEGAS GALEGAS SL

Lugar de Meder, s/n.

Salvaterra de Miño, PONTEVEDRA.

CIF: B-94055068

comercial@adegasgalegas.es

Inscrita en el Registro Mercantil de Pontevedra.

Datos registrales: T 3767, L 3767, F 125, S 8, H PO 52542.