Pedro Madruga: Aquel nobre guerreiro galego, cabaleiro feudal na Galicia de finais do século XV -e cuxas vitorias se atribúen en boa medida ao seu hábito madrugador- protagoniza quizais a máis épica crónica xamais narrada, nun escenario histórico apaixonante. O noso viño, singular, réndelle tributo a un personaxe por sempre vinculado á exaltación da nosa cultura.

D. Pedro Neve nace dos viñedos do Condado nos que o equilibrio entre frescor e maduración é o perfecto. Na adega, tras pasar pola rigorosa mesa de selección, macera con neve carbónica durante 12 horas a -4ºC co obxecto de obter o maior potencial aromático da pel da uva.

NOTA DE CATA

FASE VISUAL

De cor amarela pallosa con reflexos limón, é limpo, brillante e cunha lixeira burbulla que mostra a súa xuventude.

FASE OLFATIVA

Destaca polos aromas de froitas de pelo, lima, piña e flores brancas.É amplo, untuoso, envolvente e longo.

FASE GUSTATIVA

En boca é amplo e aromático, untuoso, con carga froiteira, fresco e equilibrado, longa persistencia froiteira. Limpa vía retronasal onde aparecen notas amargas agradables

FICHA TÉCNICA

D.O.: Rías Baixas
Tipo de viño: Branco
Variedade: 100% albariño
Rendemento: 58 hl/ten
Maceración: Macera 12 horas a -4ºC coa neve
Fermentación: Depósitos de aceiro inoxidable con control de temperatura
Crianza: Non ten
Gastronomia: Mariscos, pescados, carnes brancas, arroces, queixos frescos.
Temperatura de servicio: 12ºC

Telf.: +34 986 65 71 43 - comercial@adegasgalegas.es

VIÑAS E ADEGAS GALEGAS SL

Lugar de Meder, s/n.

Salvaterra de Miño, PONTEVEDRA.

CIF: B-94055068

comercial@adegasgalegas.es

Inscrita en el Registro Mercantil de Pontevedra.

Datos registrales: T 3767, L 3767, F 125, S 8, H PO 52542.