En 1999 nace Gran Veigadares (Veiga de Ares), nunha edición limitada de 1.000 botellas, froito dunha seleción exhaustiva dos viñedos, varietais e barricas, así coma do emprego da crianza sobre lías que o convirten nun viño único.

A personalidade deste albariño constrúese a partir dun proceso de crianza, de tres anos de duración. Gran Veigadares coñece ata tres berces distintos, nos que forxa o seu carácter acompañado das lías: un tino de madeira, barricas de roble francés e americano e un depósito de aceiro inoxidable. Este baile de recipientes e aromas conclúe na propia botella, na que reposa coas súas notas de madeira.

A última añada retoma o espíritu clásico, 100% albariño, que trasmite o concepto de humanidade e cercanía artesanal. Gran Veigadares fala de pasado soñando co futuro.

NOTA DE CATA

FASE VISUAL

Cor amarela palla dourada, ambarina con reflexos de ouro. Limpo e brilante.

FASE OLFATIVA

Intensidade aromática alta, vainillla, balsámicos, cacao, que recorda o seu paso por barrica. Destacan as notas frutais e florais da variedade.

FASE GUSTATIVA

Entrada en boca potente, saboroso, untuoso e con moi bo equilibrio entre as sensacións frutais e as da barrica. Notas de froita, romero, afumados, lácteos. Longa e aromática vía retronasal. Tanicidade marcada, acidez ben integrada e longa persistencia final.

FICHA TÉCNICA

D.O.: Rias Baixas
Tipo de viño: Branco
Variedade: 100% Albariño
Tipo de elaboración:Branco seco monovarietal fermentado en barrica
Gastronomía: Mariscos, pescado branco en salsas cremosas, pescado azul ao forno, embutidos afumados, carne branca e aves asadas.
Temperatura de Servicio: 9 -12ºC
Graduación alcohólica: 13ºC

Telf.: +34 986 65 71 43 - comercial@adegasgalegas.es

VIÑAS E ADEGAS GALEGAS SL

Lugar de Meder, s/n.

Salvaterra de Miño, PONTEVEDRA.

CIF: B-94055068

comercial@adegasgalegas.es

Inscrita en el Registro Mercantil de Pontevedra.

Datos registrales: T 3767, L 3767, F 125, S 8, H PO 52542.