A falta de pouco tempo para a chegada da vendima, os acios colgan resplandecentes nas viñas. Redondos e amarelos, as uvas parecen estar a esperar a ser recollido. Mentres, os raios de sol que penetran entre as follas acarician con fulgores cada "bago amarelo".

NOTA DE CATA

FASE VISUAL

Amarelo palloso con reflexos verdosos, limpo e moi brillante.

FASE OLFATIVA

Nítidos aromas de froitas carnosas e maduras (piña ácida, albaricoques e melocotón) cun lixeiro fondo vexetal de fiuncho e madreselva. Sobresaen con enorme sutileza cítricos que confiren máis frescura ao viño.

FASE GUSTATIVA

Impresiona a evolución do viño na boca. Melosidade na entrada onde o seu sabor queda ligado ao padal. Presenta acidez moi equilibrada que lle confire sensación de frescor cun vivo paso en boca lambeteiro e ben estruturado e un final moi persistente. En boca resalta a tipicidade do varietal e a súa harmonía.

FICHA TÉCNICA

D.O.: Rías Baixas
Tipo de viño: Branco
Variedade: 100% albariño
Rendemento: 58 hl/Ha
Fermentación: Depósitos de aceiro inoxidable, temperatura controlada
Crianza: Non ten
Gastronomia: Mariscos, pescados, aves, arroz, queixo fresco
Temperatura de servizo: 10-12ºC

Telf.: +34 986 65 71 43 - comercial@adegasgalegas.es

VIÑAS E ADEGAS GALEGAS SL

Lugar de Meder, s/n.

Salvaterra de Miño, PONTEVEDRA.

CIF: B-94055068

comercial@adegasgalegas.es

Inscrita en el Registro Mercantil de Pontevedra.

Datos registrales: T 3767, L 3767, F 125, S 8, H PO 52542.